Nós
Inicio / Nós
Sobre nós?
Fauna Útil constituíuse no ano 2000 co obxectivo de desenvolver e comercializar produtos biolóxicos para o control de pragas e enfermidades en producións agrícolas e forestais, mediante investigacións propias ou proxectos de I+D+i en colaboración con centros de investigación e outras entidades.
As producións van dirixidas a tres tipos de clientes:
• Administracións públicas.
• Empresas do sector, explotacións agrícolas, comunidades de montes, etc.
• Particulares.
Na actualidade
Centra a súa actividade en:
- Produción de insectos beneficiosos para o control de pragas forestais
- Asesoramento técnico e produción de plantel
- Participación en proxectos para o desenvolvemento de novos produtos con outras empresas e centros de investigación
O desenvolvemento dos produtos
Segue unhas directrices principais
- Produtos con base natural e innovadores
- Específicos para o uso indicado e sen contraindicacións
- Respectuosos co medio ambiente e libres de residuos perigosos
Na actualidade, a totalidade do persoal da empresa está composto por un 100% de mulleres, desde os postos directivos ata os postos auxiliares.
Nos últimos anos propiciouse a flexibilidade horaria laboral coa finalidade de favorecer a conciliación laboral e familiar.
Desde os seus inicios, a empresa está comprometida coa integración laboral de persoas con diversidade funcional, facéndoo efectivo desde a súa creación.
A I+D+i é unha parte fundamental da empresa para o desenvolvemento de novos produtos e servizos.
Mediante a instalación de placas fotovoltaicas para autoconsumo, apostamos polas enerxías renovables, aforro e eficiencia enerxética.
A empresa está comprometida co fomento do desenvolvemento local e promove a contratación de persoal laboral asentado no rural.