logo-fauna-util

Ligazons de interese

Inicio / Ligazons de interese

acuBam é unha asociación sen ánimo de lucro, que nace coa misión de contribuír ao desenvolvemento socioeconómico da comarca do Baixo Miño, a través do fortalecemento e mellora da competitividade do sector do agro, ao longo de toda a cadea de valor e da creación dunha marca de calidade, que aglutine as fortalezas e oportunidades do sector neste territorio.

BIOVEGEN é unha asociación público-privada, liderada polo sector empresarial, que reúne a entidades do sector agroalimentario con interese en innovación vexetal. O seu obxectivo principal é mellorar a competitividade do sector agroalimentario español mediante a incorporación de novas tecnoloxías baseadas en bioloxía vexetal.

A Indicación Xeográfica Protexida “Castaña de Galicia” resérvase aos froitos obtidos a partir dos cultivares autóctonos galegos do castiñeiro europeo (Castanea sativa, Mill.) destinados ao consumo humano e comercializados en fresco ou conxelado. O seu ámbito xeográfico comprende a área do territorio de Galicia delimitada ao oeste pola Dorsal Galega e pola Serra do Xistral cara ao norte.

A Estación Fitopatolóxica Areeiro nace en 1981 como sección do Servizo Agrario da Deputación de Pontevedra co fin de asesorar aos agricultores sobre a sanidade dos cultivos. A día de hoxe é un centro de diagnóstico e asesoramento global, dinámico e aberto a toda a sociedade, especialmente aos agricultores, non só da provincia, senón de España e mesmo doutros países.

Galiplant Ornamental S.L. creouse en 1990, traballando o cultivo de Hydrangea e buscando o aproveitamento ornamental de plantas autóctonas asociadas ao clima costeiro ou marítimo de Galicia. Hoxe en día os seus cultivos, que abarcan diferentes facetas, están presentes en moitas zonas de España e do estranxeiro, formando parte en axardinamentos tanto de ámbito público como privado.

A Fundación INFIAR, de recente creación e da cal somos socios fundadores, ten por obxecto impulsar a investigación e a innovación das actividades produtivas e o aproveitamento dos recursos no medio rural para promover a súa autosuficiencia nun entorno de economía circular, incremento da produción sostible e prevención do cambio climático.

Kiwi Atlántico é unha sociedade formada por produtores de Galicia e Asturias que conta, actualmente, con máis de 70 socios e 20 produtores colaboradores, sendo a maior produtora de kiwi de España e unha das máis importantes de Europa. Por outro lado, aposta pola I+D+i como vía de traballo prioritaria.

MeteoGalicia é un organismo dependente da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda que ten como obxectivos principais a realización dunha predición meteorolóxica de Galicia, así como a explotación e mantemento da rede de observación meteorolóxica e climatolóxica da Xunta de Galicia.

En Sanidade Vexetal, as competencias a nivel nacional recaen no Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación e, a nivel internacional, na Subdirección Xeral de Sanidade e Hixiene Vexetal e Forestal (SGSHVF), responsable da transposición da lexislación da UE, así como de xestionar a coordinación.

PHYTOMA-España edita desde 1988 a revista profesional especializada na sanidade dos cultivos, con contidos de transferencia tecnolóxica e divulgación científica sobre a sanidade vexetal. Ademais, edita libros vinculados ao sector agrario, sobre todo relacionados coa sanidade dos cultivos.

Seaga é unha sociedade mercantil pública autonómica que actúa en consideración de medio propio e de servizo técnico do sector público de Galicia, realizando diversas actuacións en materias agrícolas, gandeiras, forestais, acuícolas, pesqueiras, marisqueiras, de desenvolvemento rural, de conservación e protección do medio ambiente.

A SEF é unha asociación de profesionais que traballan no campo da patoloxía vexetal. Os seus fins son fomentar, facilitar, axuntar e difundir traballos nos diferentes aspectos da fitopatoloxía; promover accións que melloren a investigación e a docencia no campo da patoloxía vexetal; favorecer o contacto entre os fitopatólogos e expertos doutros ámbitos relacionados e establecer relacións con sociedades afíns españolas e estranxeiras.

SERPA S. A. é unha sociedade pública creada como medio propio instrumental e servizo técnico da Administración do Principado de Asturias para a prestación de servicios de desenvolvemento rural, de interese agrario, de acuicultura e pesca marítima, de interese medioambiental, turístico, docente, cultural e deportivo.

A Sociedade Española da Camelia ten como actividade principal a promoción da flor da camelia en todos os seus aspectos. Para iso, ofrecen asistencia e consellos sobre o cultivo e coidado das plantas, así como información sobre a súa orixe e difusión, ademais de promover excursións para visitar feiras, congresos e xardíns nacionais e internacionais.

A área de medio ambiente do Concello de Tomiño ten como obxectivo promover accións de conservación, recuperación e mellora do patrimonio ambiental do territorio, así como traballar pola eficiencia enerxética e a redución da pegada de carbono do concello. Ten competencias en materia de xestión de residuos, xestión da limpeza de fincas e valoración dos espazos naturais.

Na web da Xunta de Galicia, os usuarios poden atopar os plans de actuacións contra pragas e enfermidades vexetais, recomendacións de loita integrada, artigos científicos de interese, resumos finais de cada unha das campañas de tratamentos, informes anuais da rede galega de detección e seguimento das pragas, enfermidades e calquera outra información que resulte de interese en temas de saúde vexetal.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Más información
Privacidad
Skip to content